BRUNO ARIAS

os espazos en branco 2023

DIRECCIÓN, GUIÓN E MONTAXE   l   LONGAMETRAXE DE NON FICCIÓN

lingua orixinal GALEGO
duración 76 MIN
formato 4K DCP DOLBY 5.1
xénero NON FICCIÓN
produtora SEREA FILMS

participante no
CONECTA+ de CREA

coa subvención da
AGADIC

coa participación da
CRTVG

coa subvención da
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Dirección, guión, montaxe e deseño de cartel e créditos para a miña primeira longametraxe. Un filme de non ficción arredor da miña relación coa miña tía desde o íntimo e familiar. Producido por Serea Films e coa axuda ao talento audiovisual galego da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

SINOPSE

As persoas somos o que somos por quen nos inspira. Desde que nacemos, constrúen as nosas personalidades, intereses e ambicións os reflexos da xente á que admiramos, das nosas referencias.

Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.

“UN FILME DE BRUNO A XELA”

Un diálogo coa ausencia, un traxecto polos camiños da memoria. Unha carta entre o presente e o pasado. Os espazos en branco é unha crónica do intento de Bruno por traspasar a figura pública da poeta Xela Arias e atopar nela unha persoa: a súa tía.

MESTRE MATEO
ao MELLOR DOCUMENTAL

PLAY-DOC
sección oficial COMPETICIÓN GALICIA

FESTIVAL CINEUROPA
sección oficial PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO (MICE)
proxección especial

reparto
LIDIA VEIGA, SHEYLA FARIÑA e MELANIA CRUZ

dirección
BRUNO ARIAS

guión 
BRUNO ARIAS LUCÍA RAMIRO TABOADA 

dirección de produción
BEA VILLAR

produción executiva 
ÁLVARO LISTE, IVÁN L. GIMENO UXÍO NOVO

dirección de fotografía
MIGUEL GOMAR

son
LUCÍA AMADO XANDRE TÁBOAS

dirección de arte
“TONI” ANTÍA CARREIRA

montaxe
BRUNO ARIAS LAURA PIÑEIRO

axudante de dirección
LUCÍA RAMIRO TABOADA

música orixinal
DANI CORNES

deseño gráfico
BRUNO ARIAS