BRUNO ARIAS
Chámome Bruno e dedícome, entre outras cousas, ao audiovisual e o deseño gráfico. Nos últimos anos escribín, dirixín e montei a longametraxe Os espazos en branco, actualmente en fase de distribución.
Traballei como deseñador e montei documentais, curtametraxes, programas de televisión e videoclips. Tamén formo parte do colectivo Memoria e Cinema. Nesta web intentei recompilar algúns destes proxectos.
BRUNO ARIAS
guión, montaxe e deseño gráfico
montaxe
guión, produción e deseño de créditos
Chámome Bruno e fago moitas cousas. Gústame expresarme a través do vídeo, do deseño, do debuxo ou de calquera maneira coa que poida experimentar. Desde que estudei Comunicación Audiovisual especialiceime, sobre todo, na montaxe e no deseño gráfico.
Escribín, dirixín e montei unha longametraxe. Traballei en diferentes lugares como deseñador, dei clase en proxectos didácticos e montei documentais, curtametraxes, programas de televisión e videoclips. Nesta web intentei recompilar algúns destes proxectos. Non dubides en contactarme!