AUDIOVISUAL
Os espazos en branco
Dirección, guión, montaxe e deseño gráfico. Longametraxe de non ficción producida por Serea Films (2023).
Na pel da memoria
Guión, montaxe e deseño gráfico. Curtametraxe documental dirixida por Laura e Coral Piñeiro. Realizada por Memoria e Cinema para a Deputación de Pontevedra (2022).
A moza que abortou e o contou
Montaxe e grafismo. Serie web gañadora do premio a proxecto do Carballo Interplay dirixida por Eire Cid e Rosalía Quiroga (2024).
1/2CRE
Montaxe do primeiro episodio, dirixido por Xoán Fernández. Serie web creada por Iván Alonso.
Helena Egea – Glass
Montaxe. Videoclip dirixido por Xaime Miranda.
As pétalas murmuran
Montaxe do tráiler. Curtametraxe documental dirixida por Arantxa R. Ponte.
andi – fotos
Dirección. Videoclip producido por Tarde Piaches.
Festigaliando (TV)
Montaxe. Programa de televisión producido por M International para a Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG).
Tupper Club (TV)
Montaxe. Programa de televisión producido por M International para a Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG).
Longa Vida
Montaxe. Documental sobre a Asociación Cultural Vista Alegre de Bandeira producido por Meteórica Cine (2022).
De sangue e cristiais
Guión e deseño de créditos. Curtametraxe dirixida por Bea Villar e Lucía Ramiro Taboada. Gañadora do premio Outra Compostela no Festival Curtocircuíto (2020).
DESEÑO E GRAFISMO
Telexornal da TVG
Grafismos para o Telexornal da Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) a través da empresa Overon.
Animación
Animacións en 2D e motion graphics para campañas de publicidade e redes socias con Industrias Clayton ou a marca de roupa ETIEM.
Cartelaría
Deseño de carteis para obras audiovisuais, eventos e asociacións culturais.
Logotipos
Deseño de identidades visuais para empresas e iniciativas culturais como Serea Films, Memoria e Cinema ou o grupo musical Querido.
Impresión
Deseños para diferentes soportes impresos: vinilos, camisetas, bolsas, dossieres, cartes de gran formato…
Editorial
Maquetaxe de dossieres, libros impresos, libros electrónicos e artigos para empresas como a Fundación Uxío Novoneyra ou Laia Ikerketa Taldea.
Corporativo
Maquetaxe da comunicación interna de Renault Group Spain.
DOCENCIA
MICEscola
Deseño e implementación do proxecto didáctico e audiovisual MICEscola, unha iniciativa de creación de curtametraxes en centros de secundaria vinculada á Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE).
Formación “Creación audiovisual con dispositivos fáciles”
Obradoiro de didáctica e audiovisual para docentes na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE).
OUTROS
Programación de festivais
Programación co colectivo Memoria e cinema da sección Escolas do Festival Intersección da Coruña.
Corrección lingüística
Asesoría lingüística para proxectos audiovisuais como a serie web Pringadas e para diferentes proxectos culturais da Fundación Uxío Novoneyra.
Tradución
Tradución de textos para medios como a Revista Espiral ou A Cuarta Parede.
FORMACIÓN
Grao en Comunicación Audiovisual
Universidade de Santiago de Compostela
(2016-2020)
Máster en Profesorado de ensino secundario
Universidade de Santiago de Compostela
(2020-2021)
Máster en Estudos da Literatura e da Cultura
Universidade de Santiago de Compostela
(en curso)
Curso de found footage “Recolectores de imaxes”
Lav.Mov da Asociación Senunpeso de Vedra
(2021)
Proxecto Erasmus+ Unlock
en Lanciano, Italia (2021) e Iași, Romanía (2022)