bruno arias

Os espazos en branco

DIRECCIÓN, GUIÓN, MONTAXE E DESEÑO GRÁFICO  |  LONGAMETRAXE DOCUMENTAL

lingua orixinal GALEGO
duración 76 MIN
formato 4K DCP DOLBY 5.1
xénero NON FICCIÓN
produtora SEREA FILMS

reparto
LIDIA VEIGA, SHEYLA FARIÑA e MELANIA CRUZ

dirección
BRUNO ARIAS

guión 
BRUNO ARIAS e LUCÍA RAMIRO TABOADA 

dirección de produción
BEA VILLAR

produción executiva 
ÁLVARO LISTE, IVÁN L. GIMENO e UXÍO NOVO

dirección de fotografía
MIGUEL GOMAR

son
LUCÍA AMADO e XANDRE TÁBOAS

dirección de arte
“TONI” ANTÍA CARREIRA

montaxe
BRUNO ARIAS e LAURA PIÑEIRO

axudante de dirección
LUCÍA RAMIRO TABOADA

música orixinal
DANI CORNES

deseño gráfico
BRUNO ARIAS

Dirección, guión, montaxe e deseño de cartel e créditos para a miña primeira longametraxe. Un filme de non ficción producido por Serea Films e coa axuda ao talento audiovisual galego da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

SINOPSE

As persoas somos o que somos por quen nos inspira. Desde que nacemos, constrúen as nosas personalidades, intereses e ambicións os reflexos da xente á que admiramos, das nosas referencias.

Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.

“UN FILME DE BRUNO A XELA”

Un diálogo coa ausencia, un traxecto polos camiños da memoria. Unha carta entre o presente e o pasado. Os espazos en branco é unha crónica do intento de Bruno por traspasar a figura pública da poeta Xela Arias e atopar nela unha persoa: a súa tía.

Premio Mestre Mateo
ao Mellor Documental

Play-Doc
sección oficial Competición Galicia

Festival Cineuropa
sección oficial Panorama Audiovisual Galego

Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE)
proxección especial